18/03/09

Día da Poesía

Como o día 21 é o Día da Poesía, hoxe aprendemos esta poesía de Celso Emilio Ferreiro:

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Logo entramos nun blog que se chama Son de poetas, e buscamos este poema. Como había dúas versións, unha de Uxía e outra de Quenlla, escoitamos as dúas. Puxémoslle uns altavoces ao ordenador, e cantamos a canción. Gustounos máis Uxia, e logo puxemoslle un comentario no blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario