14/12/08

Querido Papá Noel


Os nenos e nenas de 6º curso escribimoslle unha carta a Papá Noel:
QUERIDO PAPÁ NOEL:

Desexaría que dende este Nadal non houbera máis guerras.

Daniel

A o mellor non me podes facer un agasallo tan grande, eu pídocho igual.

Gustaríame que non houbera tanto machismo no mundo.

E no noso cole de Quintela gustaríame que cumpliras o que os profes lle pediron ao delegado,(sobre todo que cambien o teito das clases.)Grazas

Helena


Gustariame que houbera paz en todos os paises .Desexo que os meus pais e a miña irmá

sexan felices.

Sergio

Gustaráme que para este novo ano hubera menos violencia de xénero e que tampouco houbera tantas mortes.

Moitas grazas.

Elsa

Nos sei que pedirche, pero non viría mal un pouco de paz nesta vida.

Laura

Desexo que non haxa racismo nin machismo e que todas as

persoas sexan respetadas coma se foran iguais.

Lois

Gustaríame que todos os nenos nenas do mundo pudieran ir o colexio, para que de maiores poidan elixir unha carreira e poidan ter unha familia.

Atentamente :

Paula

Gustariame que lle deras de comer a todos os nenos pobres.

Adrián


Desexo que haxa paz no mundo, que non haxa máis Guerras Mundiais, que non haxa pobreza e que todos sexan felices. Grazas

Juan

Desexo estas navidades que haxa paz e feliz navidad para tod@s.
Grazas

Rodrigo

Este ano vou pedir que ninguén no mundo pase fame.
Porque todo o mundo ten dereito a comer,a ter que vestir,
a ir a escola,etc.
Bicos

Emma

Eu pídoche simplemente paz e felicidade no mundo, que todos os nenos/as do mundo teñan unha boa ensinanza para o seu futuro.

Moitas grazas

Eva Mª

Desexo que no mundo non haxa machismo e que non houbese violencia

de xénero.

Bicos.

Mara


4 comentarios:

  1. Que fermosos desexos!! Oxalá se fagan realidade! Penso que é posible porque, en moitos casos, nós podemos aportar o noso graíño de area.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Que os vosos desexos se fagan realidade.

    ResponderEliminar
  3. É moi importante que se cumpran os desexos de todos e todas.Porque se hai guerras hai mortos,se hai machismo discrimínanse ás mulleres,se hai racismo,hai xente sen traballo que vive na miseria,ir ao colexio é necesario para aprender,se non comen os nenos pobre poden morrer.

    E todo isto é moi necesario no mundo enteiro.

    ResponderEliminar
  4. A verdade è que todos teñen uns fermosos dexesos ...

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario