10/12/08

Quinto e sexto de Malpica

Recibimos este comentario:



Estes rapaces de sexto

moi ben lle dan á reguiefa

¿E daranlle igual de ben

ó que lles ensina a mestra?


O que lles ensina a mestra

non sempre é tan divertido

pero o de reguiefar

¡téñeno ben aprendido?


Eu son mestra aquí, en Malpica

e teño un curso de quinto

invitovos o seu blog

que tamén é moi bonito.


Estamos aínda empezando,

temos moito que aprender

pero con tales colegas

seguro que imos correr.


Quedades pois convidados

a saudar no noso blogue

que os rapaces de Malpica

queren ter amigos lonxe.


bicos

olga


E os de 6º contestanlle así:


Saúdos dende Moaña
benvidos á blogosfera
queremos ser os vosos amigos
os de 6º de Quintela.

Uns somos do Barça
outros do Madrid
e non nos poñemos de acordo
nin no que escribir.



Esperamos a partires da agora un intercambio de experiencias,material, información

Xa temos un enlace no panel lateral para os nosos novos amigos e amigas de Malpica.

Un biquiño de parte de todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario