04/12/08

Falamos de Picasso

Estes días traballamos en Coñecemento do Medio o século XX.


Estudamos as guerra mundiais, a guerra civil española, e como sempre, parámonos no arte.Falamos de Picasso, e adicamoslle un tempo a mirar o Guernica, e intentar interpretar o sufrimento dun pobo.

En wikipedia averiguaron que Pablo Picasso chamábase en realidade:

Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Mártir Patricio Ruiz y Picasso.

Chamóulles a atención que tivera tantos nomes, e entre eles varios de muller.

Daniel, que viviu varios anos na Coruña, contoulles que alí hai unha casa onde Picasso vivíu de neno, porque o seu pai era profesor de debuxo nun instituto . Non conseguimos saber como se chamaba o instituto.

Agora descubrimos que de novo o blogue de arte INICIARTE do IES Afonso X de Cambre axúdanos a profundizar e aprender máis. Preme no Guernica, para entrar:

2 comentarios:

  1. Fantástico traballo rapazas e rapaces. Saúdos desde Iniciarte.

    ResponderEliminar
  2. Encántame o voso blog! Facedes un traballo estupendo e moi atractivo onde sempre se atopa algo interesante. PARABÉNS!

    Bicos ratunos dende Vigo

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario