18/12/08

Debate en 6º curso

Na aula de 6º curso fixemos un debate:
REIS MAGOS OU PAPÁ NOEL?
Modera: Eva
Secretaria: Isa
No equipo de Reis Magos:Helena,Paula,Rodrigo,Emma,Mara e Juan.

No equipo de Papá Noel:Adrián,Daniel,Elsa,Sergio,Laura e Lois.


Este é un resumo do apasionado debate:
REIS MAGOS:
Nós creemos que Papá Noel está demasiado gordo e reparte mal.
REIS MAGOS:
E ademais Papá Noel deixa a Rudolf fora e se lle conxela o nariz.
PAPÁ NOEL:
Os Reis Magos dan máis gasto porque tes que dar auga aos camelos.
REIS MAGOS:
Como si custara tanto..! A auga sácase do grifo!!!
PAPÁ NOEL:
Hai sitios no mundo onde non teñen auga.
REIS MAGOS:
Papá Noel as veces atáscase na cheminea e estropease. E ademais si está acendida faise dano o pobre...
PAPÁ NOEL:
Pois os Reis Magos traen os camelos, e como entren en casa deixan o chan cheo de .....
REIS MAGOS:
Pero si os camelos quedan na porta, e son os Reis os que entrar a por os regalos!
PAPÁ NOEL:
Pero ensucian o felpudo!
PAPÁ NOEL:
Papá Noel é máis famoso, todas as películas son de Papá Noel,..
REIS MAGOS:
Papá Noel explota aos trasniños , tennos traballando todo o ano, e os explota.
PAPÁ NOEL:
E os Reis Magos explotan aos camelos!!!!!!!!!!
PAPÁ NOEL:
Os Reis Magos necesitan GPS ( a estrela ) para chegar.
Para rematar o debate, cada grupo fai unha defensa final:

REIS MAGOS:
Papá Noel cada vez é mais vello e pesa máis. Ademais abusa dos renos e dos trasnos.
Papá Noel é en realidade San Nicolás, e era azul, e fíxose vermello pola Coca Cola. ( traballo de documentación,...?)

PAPÁ NOEL:
Os Reis Magos son uns vagos, que chegan máis tarde, e Papá Noel ten máis mérito porque é un só, e máis vello.
E ademais di: HO, HO, HO.

2 comentarios:

  1. Como vexo que estados moi documentados, atreverase alguén a responder á seguinte pregunta?:
    -Onde están enterrados os Reis Magos?
    Bo Nadal

    ResponderEliminar
  2. Buenoooooo, e disque onde están enterrados, este home está tolo perdido.
    Como van estar enterrados, se iso fora verdade quen nos ía traer os agasallos??
    Ai, señor, o que non está nada documentado e este tal Antonio...
    Bicos e Feliz Nadal
    Ah, e que os Reis Magos vos deixen bonitos agasallos!!!!

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario