20/12/08

Entrevista a Kike

O profesor de Inglés de Infantil e 1º Ciclo de Primaria do noso cole , Kike, participou o mes pasado no concurso “Pasapalabra” da televisión.
Os nenos e nenas de 6º curso fixéronlle unha entrevista:
Pregunta:
Como se che ocorreu ir a “Pasapalabra”?
Kike:
Gústame moito o programa, na casa o facía ben.Como acertaba moitas preguntas, decidín ir.
Pregunta:
Estabas moi nervioso?
Kike:
Moito, moitísimo. Ao entrar no plató púxenme moi nervioso.
Pregunta:
Onde foi a rodaxe?
Kike:
A rodaxe foi en Madrid, pagáronme todos os gastos: o taxi dende a casa ao aeroporto de Vigo, a viaxe en avión de Vigo a Madrid, e en Madrid tiña un taxi esperándome que me levou dende o aeroporto ata o plató de Telecinco.
Pregunta:
Tiveron que maquillarte?
Kike:
Si, maquillan a todo o mundo polos focos. Os focos son moi fortes, e as caras brilan e saen verdes e amarelas sen maquillaxe.
Pregunta:
A xente que foi contigo era divertida?
Kike:
Non, (risas), eran máis divertidos os do outro equipo.
Pregunta:
Cal foi a túa proba favorita?
Kike:
O rosco , e tamén unha de emparellar palabras ( de par en par), porque eran as máis fáciles.No meu caso dicíanme o principio dunhas frases publicitarias e tiña que dicir o final.
Pregunta:
Con que famosos estiveches? .Gustaríache ter ido con outros distintos?
Kike:
Fun con Pedro Reyes, que é un humorista, e con Carlota, unha deportista. Non me axudaron moito,...
Pregunta:
En que equipo foches? Gañaches o bocata?
Kike:
Fun no equipo azul. Tocáballe ao outro e era de mortadela. Esa semana tocáballe ao equipo laranxa.
Pregunta:
Gustaríache repetir?
Kike:
Si, porque quedoume mal sabor de boca, por non conseguir moitos puntos. Ademais, no rosco, que era o que máis me gustaba, estiven moi pouco tempo.
Pregunta:
Qué farías si che tocara o bote?
Kike:
Disfrutalo (risas),disfrutalo moito e comprar un piso, seguramente,..
Pregunta:
Pasáchelo ben?
Kike:
Paseino ben ata que entramos no plató, porque púxenme tan nervioso...

Grazas por contestar ás nosas preguntas,.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario