13/05/26

O mercado de proximidade e o consumo responsable

O alumnado de 5º de Primaria está a traballar en Proxecto Competencial arredor do mercado de proximidade e do consumo responsable. Ao longo destas sesións, os nenos e nenas investigan a procedencia dos alimentos que consumimos e reflexionan sobre a importancia de mercar produtos da nosa contorna para reducir a pegada ecolóxica, diminuír o transporte de mercancías e favorecer un consumo máis sostible. O alumnado tamén está comparando o mercado de proximidade co supermercado, analizando as vantaxes ambientais, económicas e sociais do comercio local e elaborando materiais divulgativos, entre eles un tríptico informativo realizado polo propio alumnado. Con esta proposta promóvese a educación ambiental, o consumo consciente e o coidado da contorna a través de situacións próximas e reais para o alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario