21/01/26

Charla sobre "Saúde na escola" de Erguete

 O alumnado de 6º de Primaria participou recentemente nunha charla sobre saúde centrada na prevención das adiccións, impartida por unha traballadora da Asociación Érguete.

Durante a sesión falouse, dun xeito claro e adaptado á idade do alumnado, das adiccións ás substancias como o tabaco ou o alcohol, pero tamén doutro tipo de adiccións máis próximas ao noso día a día, como o uso excesivo das pantallas, os videoxogos ou o móbil. A relatora explicou como estes hábitos poden afectar á nosa saúde e á nosa vida diaria.

A charla resultou moi interesante e participativa, xa que o alumnado puido facer preguntas, comentar situacións cotiás e reflexionar sobre a importancia de coidarnos, tomar boas decisións e pedir axuda cando algo nos preocupa.

Dende o centro educativo queremos agradecer á Asociación Érguete o seu traballo e a súa colaboración, xa que actividades coma esta axúdannos a fomentar hábitos saudables e a educar na prevención desde idades temperás.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario