18/12/25

Radio Escolar en Directo Nadal

Hoxe vivimos un momento moi especial no CEIP Quintela, xa que se realizou o primeiro programa de radio en directo do colexio (RadioQuintela). Foi unha experiencia moi ilusionante que marca o inicio dun novo proxecto de comunicación escolar.

Durante o programa falouse das actividades que se están a levar a cabo no centro con motivo do Nadal, compartindo con toda a comunidade educativa o ambiente festivo que se vive estes días no colexio.

Os encargados de estrear esta iniciativa foron os alumnos Rubén, Emma, Daniela e Mario, que participaron con moita ilusión, responsabilidade e entusiasmo, demostrando un gran traballo en equipo e unhas excelentes habilidades comunicativas.

Agardamos que sexa a primeira de moitas!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario