19/12/25

Felicitación de Nadal 5º EP

O noso alumnado creou postais de Nadal , poñendo nelas toda a súa creatividade e ilusión. Neste vídeo compartimos o resultado dun traballo cheo de cor, emoción e bos desexos propios destas datas. Agardamos que vos transmitan a maxia do Nadal vivida na escola. Bo Nadal e felices festas!✨