19/02/21

Visita de Meiramar Axóuxeres

Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a sorte de coñecer como se celebra o Entroido Tradicional de Moaña. Visitounos Manolo Covas, membro da Asociación Meiramar Axóuxeres, que nos foi contando como foi o traballo de recuperación desta festa. Tamén nos amosou os traxes das madamas, galáns e do fedelloso, protagonistas indiscutibles desta celebración.

Resultou unha charla moi amena e interesante. Agradecémoslle moito a Manolo que compartira con nós esta parte da historia de Moaña.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario