21/01/19

Coidando a natureza


O pasado venres, os cursos de 5º e 6º asistiron a unha charla sobre a importancia da compostaxe, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. Antón, o encargado de dar a charla, explicounos o problema que temos para xestionar a cantidade de residuos que producimos. Para diminuir o noso impacto no medio ambiente, amosounos a importancia de reducir esa cantidade de residuos, por unha banda, poñendo atención na nosa forma de consumo e, pola outra, compostando os restos orgánicos que producimos.

Logo, os nenos e nenas de 6º E.P. montaron unha composteira que, nunhas semanas poremos na nosa horta, para continuar compostando os restos das nosas merendas. 











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario