17/10/18

Paseo por Tirán

O Primeiro venres de outubro saímos do cole para ir a Tirán.
Polo camiño pasamos pola capela do Pazo de  Pazó, mentres a clase de 6º gravaba tomas de vista.
Despois pasamos por diante do pombal e a capela do Pazo de Méndez Núñez, hasta chegar ao Porto de Moaña. Alí vimos as básculas para pesar os camións.
Pasamos pola praia do Con e fixemos unha foto na balea.
Vimos a Igrexa románica de Tirán e desde o mirador que está ao lado da Praia da Punta da Mona podía verse o Faro do Pegho. Baixamos á Praia do Río da Ribeira e alí acercámonos á Cova da Londra, onde Cayetana nos leu unha lenda.
Por último merendamos na Praia do Camping de Tirán.
Pasámolo xenial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario