28/02/18

Dobraxe en quinto e sexto curso

Esta semana visitaron o noso colexio Manuel Pombal e Suso Pando, actores e dobradores galegos, que nos falaron do mundo da dobraxe.
 Explicáronlles aos rapaces e rapazas os pasos para elaborar unha película desde a creación do guión ata a dobraxe. Finalmente o alumnado gozou moito converténdose en dobradores dos seus personaxes.
 Moitas grazas a Manuel e Suso e á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña por organizar esta actividade tan interesante e motivadora .

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario