07/11/17

Esta é a nosa entrevista

Este é o resultado da entrevista realizada polo alumnado de quinto curso a Delio Fernández:
1.     Cal é o teu nome completo?
Delio Fernández Cruz
2.     Cando e onde naciches?
En Tirán (Moaña) o  17/2/1986 .
3.     Sempre che gustou a bici ?Que querías ser de neno?
De neno quería ser ciclista porque o meu irmán maior practicaba o ciclismo pero estaba interesado en todo tipo de deportes,
4.     A que anos tiveches a túa primeira bici ?
Aos 5 anos
5.     Canto tempo levas practicando ciclismo?
Empecei a practicar aos 5 anos e aos 7 saquei a licenza para competir en ciclismo na rúa.
6.     Cando decidiches facerte ciclista profesional?
Con 21 anos, no 2008.
7.     Que tipo de ciclismo practicas?
Actualmente practico ciclismo de estrada, de ruta.
8.     Algunha vez caíches da bici ?
Si, moitas veces , un par de veces ao ano, pero nunca tiven unha caída grave.
9.     Cal foi a túa primeira carreira e en que posto quedaches?
A miña primeira carreira foi en Porriño, o día 1 de maio, pero non lembro en que posto quedei.
10. En cantas competicións participaches aproximadamente?
En moitas, teño unha media de 70 días de carreira por ano.
11. Que tipo e marca de bici usas?
KTM, que é unha marca austríaca.
12. Onde entrenas ?
Polas estradas do Morrazo
13. Cantos trofeos ganaches e cal é o mais apreciado?
O trofeo gañado na Volta a Portugal e o que mais aprecio.
14. Cal foi o teu primeiro premio?
Con cinco anos recibín un premio por ser o mais xoven en participar.
15. Poste nervioso antes dunha carreira?
Si, sígome pondo nerviosa a pesar de levar tanto tempo competindo. A experiencia axúdame a controlalo pero sigo tendo un cosquilleo antes de cada carreira.
16. Cal consideras que foi a túa mellor carreira?
A Volta a España no 2010
17. Tes algunha outra afición aparte da bicicleta?
Gústame estar coa miña familia
18. Participaches nalgunha carreira fora de España?
Si, participei en carreiras en Francia, Italia, Bélxica, Austria, Inglaterra, México, Guatemala, Brasil, Arxentina, Omán, Turquía,…
19. En que equipo estás actualmente?De que cor ides?
Estou no equipo Delco Marsella e a nosa cor é o azul.
20. Tedes boa relación entre os compañeiros de equipo?
Lévome ben con todos os compañeiros, e algúns son amigos.
21. O ciclismo permíteche vivir?
Si, afortunadamente son un dos poucos ciclistas de Galicia que podo vivir diso.
22. Divírteste coa túa profesión?
Si, aínda que as veces é moi dura.
23. Cal foi a túa última carreira?
Foi en Francia: París Tours, de 240 kms.
24. Cando e cal será a túa próxima carreira?
A finais de xaneiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario