13/05/17

Contacontos IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Contáronnos un conto e xogamos a un trivial que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario