13/02/17

Charla sobre a vespa velutina

O pasado venres, 10 de febreiro, os cursos de 5º e 6º de Primaria recibimos unha charla sobre a vespa velutina impartida por Fran Ogando(membro da asociación de apicultores de Moaña). Esta é outra das actividades que o concello ofrece aos colexios do municipio e que son do máis interesantes. Como sabedes as apicultoras e apicultores de Galicia están preocupadísimos pola invasión destas vespas que arrasan con todo: atacan as colmeas de abellas e cómennas, deixan sen pole as flores, ... En fin,o ciclo vital da abella está moi ameazado. Non paran en buscar solucións para combater esta praga e agora están usando unhas trampas moi sinxelas de facer. Fran trouxo varias trampas feitas con material de refugallo: botellas de auga de plástico e un cable para atalas ás árbores. Seica as vespas velutinas son unhas borrachas e con iso están traballando os apicultores. Enchen as botellas con distintos licores e elas entran atraídas polo cheiro do alcohol. Fran regalounos trampas para poñer nas plantas que agora as necesitan: os camelios. 
As fotos mostran distintos momentos da charla.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario