21/06/16

5º visita o Clube de Remo Tirán

Onte, o alumnado de 5º tamén desfrutou da xornada de actividades no Clube de Remo de Tirán. Explicáronlle en que consiste o deporte, ensináronlle as instalacións e fixeron actividades no foso, no ergómetro e, como prato forte, sairon remar ao mar. Logo, tamén houbo un tempo para darse un chapuzón.
Grazas ao clube polo bo trato que nos deron e polo divertida que fixeron a mañá.
Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario