O martes, 3 de maio, a clase de 5º saímos de paseo polo río da Fraga. É unha actividade organizada polo concello dentro do programa "Aprende Moaña" e ofrecida aos colexios para que o alumnado de 5º coñeza a vexetación típica da ribeira dos ríos. Tivemos un guía, Chani, que 1º nos deu unha charla para familiarizarnos co tema. Resultou moi interesante e divertida.
Tamén fixemos moito exercicio porque todo o fixemos andando e acabamos esgotados. Dámoslle as grazas a unha veciña que nos deu de beber a todos cando xa estabamos no final.
Tamén fixemos moito exercicio porque todo o fixemos andando e acabamos esgotados. Dámoslle as grazas a unha veciña que nos deu de beber a todos cando xa estabamos no final.
Debaixo están as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario