29/05/16

Presentación do caderno e audiovisual sobre Manuel María

O día 27 de maio visitaron o noso cole dous membros da Agrupación Cultural Nós de Moaña: Xesús Cancelas e Manuel Méndez. Viñeron presentar ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria un caderno e un audiovisual sobre Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Poidemos ver neste traballo diferentes lugares e feitos importantes na vida de Manuel María: a súa casa natal, a librería Xistral, diferentes paisaxes galegos, visita ao Morrazo do autor...
Estas son algunhas das opinións do alumnado presente: A Hugo Calo pareceulle moi ben introducir no audiovisual poemas musicados do autor. Alex considera moi bonitas as fotos antigas que nos amosaron na presentación de diapositivas. 
Grazas a Xesús e a Manuel por amosarnos o seu importante traballo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario