22/04/16

Entrevista á alcaldesa de Moaña

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista. En 5º preparamos as preguntas que nos gustaría facerlle e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poidéramos entendela. 
Agora, tócalle a 6º elaborar o texto que sirva para subir á Galipedia a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo. Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de subir á Galipedia unha presentación sobre unha persoa ou grupo de Moaña que o mereza e que aínda non teña aparecido nesa páxina. 
Este curso consideramos que o feito de ser a 1ª muller alcaldesa na historia de concello era motivo dabondo para facelo. 
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perdéramos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
          As  titoras queren felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron. 
Mostramos algunhas fotos.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario