09/03/15

Día da muller traballadora

O alumnado de 5º e 6º curso quixemos saber máis sobre a Asociación de mulleres mariscadoras de Moaña, unha das asociacións pioneiras de Galicia.
 Queríamos saber de cerca da súa loita por un traballo digno, polo recoñecemento dos seus dereitos como traballadoras.
Por este motivo pedímoslle a Tere, á avoa de Adriana ( 6º de Infantil) que é mariscadora e membro da directiva da Asociación de mulleres, que viñera ao colexio acompañada de Mª Dolores, a Presidenta da asociación..

O alumnado de quinto curso elaborou unha exhaustiva entrevista. Cos datos recompilados, o alumnado de sexto curso elaborará un documento que xa vos achegaremos.

Gustaríanos destacar a dureza do seu traballo, o prolongado da súa loita para ter un salario digno, e a vocación polo seu traballo, a ilusión que transmiten.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario