26/03/14

Papiroflexia

A pariroflexia consiste en facer figuras plegando o papel. En xaponés coñécese como origami.

Na clase de 5º curso temos un grupiño de alumnos/as moi interesados no tema. Con idea de compartir o que saben cos compañeiros doutros cursos, estamos deseñando un obradoiro de papiroflexia.

Mentras, deixámosvos con este enlace a webplástica.es, onde explican os pregados máis comúns nesta arte, tan interesante dende o punto de vista plástico e matemático.

Na web da Asociación Española de pariroflexia pódese descargar as instruccións para facer rás, osos, mapaches, tiburóns. Proba e practica!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario