02/11/10

Unha clase naturaal
















Visita á igrexa de San Martiño
O mércores 27 o noso ciclo subiu andando ata a igrexa de S. Martiño.Acompañáronnos Eric e María.

A Eric xa o presentamos e a María farémolo agora: é unha estudante de Maxisterio que está a facer as prácticas no colexio.
En coñecemento do medio estudamos a Idade Media e,polo tanto, os estilos artísticos mediavais; como a igrexa de S. Martiño pertence ao estilo románico decidimos ter unha clase ao aire libre.Esta consistiu en observar o edificio por fóra para logo debuxar as distintas paredes exteriores tendo en conta os elementos característicos do románico:arco de medio punto,paredes de pedra grosas, cruz latina,ventás
pequenas,pórtico,pouca altura,...
Eric,como experto en artes plásticas,ensinounos unha técnica para traballar as proporcións usando as mans.Tivemos unha mañá moi divertida,pero acabamos esgotados.
P.D. : as fotos ilustran a nosa experiencia.

Sexto curso

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario