11/03/10

Quero saber...sobre os científicos e os descubrimentos


A mascota da biblio envíavos unha mensaxe.


Queridos nenos e nenas:
Gustoume moito todo o que aprendemos sobre Galileo e a astronomía.
Pero agora quero aprender máis cousas:


O nome dos científicos e as científicas máis importantes e os seus descubrimentos.


Cando saibades algún, anotádeo nos expositores da entrada. Poñede tamén o voso nome e o curso, para saber quen é o que máis investiga.
Espero con impaciencia as aportacións!!!


(Nos blogs de ciclo e de biblioteca tedes unha páxina “A ciencia” que vos vai axudar)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario