05/02/10

Convivencia





Na clase de 6º falamos sobre a convivencia nas familias e fixemos un debate sobre:
“ Residencias de anciáns : a favor ou en contra”.



Equipo a favor das residencias: Carmen, Jessica, Iván , Elsa e Xabier.
Moderadora: Elsa.
Portavoz: Xabier.



Equipo en contra das residencias: Rodrigo, Ana, Brais e Thais.
Moderador: Rodrigo.
Portavoz: Ana.



Aquí tedes o resumo do debate:



A FAVOR: Pensamos que deben existir as residencias para que as persoas maiores non estean sós porque en moitos casos os familiares non viven con eles.



EN CONTRA: Non nos parece ben que as persoas maiores se teñan que ir a unha residencia porque na maioría dos casos rómpense os vínculos cos parentes xa que poucas veces os van visitar.



A FAVOR: Son moi necesarias porque moitos anciáns precisan coidados especiais porque padecen enfermidades graves e as súas familias non poden deixar os seus traballos para ocuparse deles.



EN CONTRA : Sí , pero os familiares deberían buscar outra solución antes de deixar aos seus maiores nunha residencia porque poden sentirse moi tristes e abandoados.



Os dous equipos seguen opinando...
Ao remate chegamos a unhas conclusións nas que os dous equipos estamos de acordo:



Parécenos ben que as persoas maiores vaian a unha residencia, pero nunca obrigados.
Nos casos en que as persoas maiores decidan quedar nas súas casas, as familias poderían buscar persoas que se ocupen de coidalos, se eles non poden.
Tamén nos parece moi positivo as residencias de día porque os nosos maiores entretéñense e fan actividades.



Despois do debate lemos o conto “ O prato de madeira “ e fíxonos pensar sobre o importante que é a convivencia nas nosas vidas.
Nenos e nenas de 6º



2 comentarios:

  1. Que debate máis interesante.Gustanme moito estes rapaces, son moi sensatos.

    ResponderEliminar
  2. moi imteresante que fagades postas en común, sobre as distintas visións que podemos ter, de temas cotiás..
    é importante escoitar e tamén por suposto ser escoitado..
    un saúdo

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario