22/06/09

Últimos días: cociñando

Hoxe foi o último día de clase.
En todos os cursos fixemos tortillas coas patacas que collemos no horto escolar.
Os de quinto e sexto tiveron que axudar, pelando e cortando patacas, e batendo ovos.

(Fotos: Emma)

Despois os de terceiro ciclo fixeron unha festa na aula de sexto, con música.

Improvisaron un karaoke co ordenador , youtube, e uns altavoces.

As 12 e media foi todo o cole a aula de cultura, onde disfrutaron dunha actuación musical, que acabou con todos bailando nos pasillos do auditorio, e os profes no escenario.

Por último, volvemos a clase a recoller e despedirnos.

Despedímonos con unhas palabriñas, un abrazo colectivo, e moitos bicos.

Mañá será a entrega de notas.

Adiós curso de sexto!!!. Que teñades unha boa e feliz travesía.

Biquiños

Isa

3 comentarios:

  1. Hola Isa,son Mara e estas vacacións votareite de menos ati e a todos os colegas de sexto(que xa rematou,BUAAA!!!!)teño moitas ganas de que empece o instituto e espero que os meus compis tamen, teño unhas ganas de velos e de velas.
    bikiños e unha aperta moi forte,da tua Marinha.
    PD:A semana de vacacións que temos de mais irei darche unha visita a ti e a todos os profes.

    ResponderEliminar
  2. Mara:
    Xa sabes que empeza unha parte da vosa vida moi ilusionante, chea de emocións e decisións.Tes que vivila con ilusión.
    O voso cole seguirá onde sempre. Alí estamos para o que necesitedes.
    Moitos, moitos biquiños

    ResponderEliminar
  3. Ola son Paula eu quedarei con Mara para ir xuntas ao cole de Quintela, que mágoa irnos do cole no que estivemos sempre.
    Moitos biquiños Paula.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario