11/06/09

O Instituto

A semana pasada , antes de sair de viaxe a Manzaneda, visitáronnos Rosa e Sira, profes do IES A Paralaia.
Viñeronnos contar como é o instituto, e a responder as preguntas que os nenos e nenas de sexto lles fixeron. Estas son algunhas:
Como son os recreos, si se pode ir ao baño no medio das clases, como é a biblioteca, e si ten mascota, novidades e ordenadores, onde se colle o autobús,...
O luns fomos ao instituto. Acompanáronnos Luis, o director do noso cole, e Celia, a nosa orientadora. Fomos en autobús cos de sexto dos coles de Tirán e Abelendo, e alí atopámonos cos do cole de Seara, que foron andando, porque o seu cole está cerca do instituto.
Gústoulles moito volver a verse despois da excursión.
No instituto nos esperaban o director, e Moncho e Rosa.
O director dixolle aos nenos e nenas de sexto que agora eran uns nenos, pero que tiñan que facerse maiores no verán para chegar ao instituto maiores.
Eles escoitaron con moita atención, e creo que desa visita xa sairon un pouco máis maiores.
Acompañounos Rosa no recorrido. Os nenos queren que o vindeiro curso lles dé clase, pero xa se verá.
Deixovos coas fotos da visita,..

Por:

Isa.

3 comentarios:

  1. A nós tamén nos gustou a vosa visita. Esperámosvos o curso que vén. Bo verán a todos. Sira e Rosa

    ResponderEliminar
  2. Esa música é horrenda.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario