14/05/09

O blog de Lois

Seguimos coa presentación de blogs dos alumnos. Esta é unha actividade voluntaria, xa que os blogs que xestionan eles é algo particular. Na clase poñemos as seguintes condicións para poder presentarllo ao resto dos compañeiros, e facernos seguidores dos seus blogs:
  • Por suposto, que a familia sexa coñecedora do blog, e o sigan.
  • Que teña unha presentación coidada.
  • Que os contidos sexan creación deles.
  • Que fagan referencia e enlaces aos blogs dos que extraen información.
  • Que poñan moderación de comentarios.
  • Que coiden os contidos, evitando comentarios ou expresións desagradables.
  • Que selecciónen con coidado os enlaces.
Hoxe presentou Lois o seu blog a clase de sexto.
Como a Lois encántalle ler,e escribir historias. o seu blog chámase
Mucho leer, e nel fala de libros e lectura.

Aquí tedes as imaxes da presentación do seu blog:



O que máis nos gustou foi o vídeo que ten enlazado. Despois de velo, quedoulles claro que non ían retrasarse máis na devolución dos libros á biblioteca. Non o perdades:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario