23/04/09

Os blogs


Como todos os alumnos e alumnas de sexto colleronlle moita afición ao blog, a maioría deles teñen blogs personais que reflexan as súas aficións.
Decidimos entón que ían ir presentándolles os seus blogs aos compañeiros.
A primeira en presentarnos o seu blog é Helena.

Déixovos con ela:

O outro día presentei na aula de informática o meu blog "Con el ritmo".

No blog publico o que aprendo coa miña profe de música, como as teorías ou compositores clásicos ou modernos.

Teño no blog un piano e unha guitarra para poñer os acordes e oir como son.
Tamén un gato que si lle pos o cursor enriba ronronea moi forte.


Por:
Helena

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario