Lois fixo unha crónica da viaxe que fixo xunto con Rodrigo e Juan a Santander para participar no campeonato de España de remo:
Venres 24 de Abril
Saímos do club o venres as 9:00 A.M. da sede da Sociedade Deportiva Tirán.
Comemos en Asturias, no restaurante El Alamo a 1.=· P.M:
Chegamos a Santander as 6:39 P.M.. Ao chegar ó muelle, cambiámonos e entrenamos no campo de regatas, para estar preparados para o día seguinte. Aloxámonos no hotel Los Angeles, en Boo Guarnízo, cerca de Santander.
Sábado 25 de Abril
As 4 marchámonos do hotel ao muelle. A regata comezou as 5:00 P.M..Pasaban á final do domingo os dous primeiros de cada tanda ( había dúas por categoría) e dos terceiros, o que facía mellor tempo. Nós quedamos de cuartos. O noso tempo foi 4:58:15 máis ou menos.
Domingo 26 de Abril
Sobre as 9 marchamos do hotel ao muelle, a regata empezaría as 10:00 A. M., pero logo aprazaron a regata media hora unhas tres veces, porque as boias estaban mal colocadas. Nós íamos a remar na tanda de consolación (é unha tanda antes da final, que a reman os equipos que no pasaron ); pero comunicáronnos que, como era moi tarde, suspendérase, e só se remarían as finais.
O campión de España da nosa categoría ( Infantil masculino) foi Amegrove, e o subcampión Muros. De sete categorías que había, cinco gañárona equipos galegos, que , por certo, eran do sur de Galicia, coma nós.
Eses equipos foron Amegrove ( Promesas e Infantil) , Vilaxoán ( Cadetes e Xuvenil masculino) , e Chapela.
Por:
Lois
O importante é que o pasáchedes moi ben,e fúchedes a Santander.E estar no campionato de España é un gran honor.
ResponderEliminarOlaaaaaaaa son Paula é xenial
ResponderEliminaro pasarades moi ben aínda que non quedastedes de 1º QUE O MERECÍADES
por ser bos remadores.
Un biquiño de:
Pauliña