02/04/09

Crónica dunha saída

O pasado xoves 26 de Marzo, as clases de 5º e 6º fomos a dúas exposicións a Vigo.

A primeira foi para ver unha exposición de “Deseño Holandés”.
Héctor foi o noso guía.
Vimos moitas cousas: cadeiras con formas estrañas, pendrives recubertos con madeira, tazas para bebés, un paraugas que resistía ventos de 120 Km/h., etc.
Héctor explicounos que os holandeses facías as cousas coas formas da natureza: niños, polas, ..E con cousas da natureza: madeira, pedra,...
Logo cun rectángulo de papel e cores tivemos que deseñar un banco en equipos.
Pasámolo moi ben vendo os obxectos e facendo o banco.

A segunda exposición foi para ver cadros que pintaran os pintores da escola da Haia.
Esta vez tivemos unha guía.
Había moitísimos cadros, algúns realistas, outros impresionistas,..
A nosa guía explicaba moi ben, dicíanos cousas dos cadros, que doutra forma non veríamos:a luz, os reflexos na auga, os sentimentos,..
Todo foi moi bonito.
Emma


3 comentarios:

  1. Hola,Son Mirian.
    Paréceme moi intersante esa saída así como todo o que publicades neste blogue.
    Anímobos a qu sigades así.
    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  2. Hola,son Eva.Botobos moito de menos e teño ganas de volvervos a ver.Agora eu fixen un bloge pero non e tan bo como o voso.
    bicos
    Eva

    ResponderEliminar
  3. Hola son a mamá de Elsa,pareceume un traballo magnífico o que fixerón no museo,os bancos son preciosos,gustaronme todos.


    Mari

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario