10/03/09

Inventos locos

Estos son os inventos dos de sexto:

Rodrigo inventa:
Unha pala de patrón ( de traiña) con motor, para ir máis rápido.

Lois inventa:
Reloxo-televisión do copión.Consiste en poñer unha mini-cámara no teito enfocada ao máis listo da clase, e conectada a un reloxo de pulseira, que emite todo o que a cámara capta.

Helena inventa:
Velaquí un aparato para facilitar a vida:a man con pilas para piano. Cando está canso, pasa as partituras que queres tocar.

Juan inventa:
A vasoira-fregona: Unha práctica vasoira-fregona que consiste nun pao que por un lado é vasoira, e por outro fregona.

Daniel inventa:
Un libro con lupa para ler de lonxe e non ter que estar pegado ao libro.

Sergio inventa:
Un patín a radio-control para non cansarte cando tes que correr.

Paula inventa:
A máquina do tempo.A máquina do tempo é fácil. Está formada por un cable conectado a un ordenador e outro a unha neveira. Tecleas o lugar,o tempo e a hora a onde queres ir e méteste na neveira para ir a ese lugar. Polo camiño podes ir picando algo en frío.
Acórdate de levar unha manta porque se tardamos podes coller unha pulmonía.
As neveiras modernas teñen ele incorporada . Dálle a volta e dentro da neveira poderás ver a tele, ou por a radio.

Adrián inventa:
Un antisabor.Cando teñas que comer pementos ou pescado, metes unha pastilla debaixo da lingua e non saboreas nada.Tampouco estarían mal unha gafas que che deran as respostas nos exames.

Mara inventa:
O coitelo coa bombilla incorporada. Sirve para evitar que te cortes cando se vai a luz.

Emma inventa:
Unha cama de auga con peixes (moi alta) cunha porta.Cando queiras bucear, méteste dentro.
Un peixe estoxo ( que está vivo) .Dislle o que queres, por exemplo, o lapis, e abre a boca e dáche un lapis.
Un garfo telescopio, para que ao comer , mires si a comida ten microbios.

Laura inventa:
Un lapis que escriba solo, para non cansarme as mans, e estar máis cómoda.

Elsa inventa:
Vasoiras ananas para poñerlle nas patas a un can, así barre cando rompes un prato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario