24/03/09

Imos de museos

Dende que empezou o curso, traballamos a pintura dende o Renacimento ata a o século XX nas áreas de Coñecemento do Medio e Plástica, (en Inglés, pois está dentro do programa Seccións bilingües).
En Coñecemento do Medio, fixemos especial fincapé en determinados cadros, pintores e épocas, mentras estudiabamos historia.
No Renacimento parámonos na Gioconda de Leonardo da Vinci.
No Barroco estudamos As meninas de Velázquez. Logo tocoulle a Goya e "Os fusilamentos do 3 de Maio"
No século XX estudamos o Guernica de Picasso.
En Plástica traballamos o impresionismo e o cubismo.

Para rematar esta actividade, o vindeiro xoves, imos ir a Vigo a ver un par de exposicións.
Primeiro iremos ao centro social de Caixanova, para ver a exposición sobre a escola de La Haya do Rijksmuseum e logo a Fundación Barrié de la Maza, para ver a exposición "Diseño holandés"

Aquí queda a presentación que nos deixaron dende o cole de Eduardo Pondal de Cangas, e que xa vistes na clase hai uns días, para que preparedes ben a visita:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario