06/03/09

Guía para unha navegación segura

Hoxe repartimos uns folletos que nos chegan dende o Valedor do Pobo.
Son as "Recomendacións aos menores para unha navegación segura por Intenet"
Estas son:
  • O mellor é usar internet acompñado por teus pais ou polos teus profesores.
  • Nos deas datos teus a ninguén descoñecido e non intercambies fotos nin información.Mantén en segredo as túas claves e contrasinais!
  • Tampouco deas datos da túa familia e amigos.
  • Comparte información só cos amigos que coñezas de antes; e en redes e chats non invites a estraños.
  • Se necesitas rexistrarte en algo, que o fagan por ti teus pais ou profesores; non uses o teu nome ral, invéntate un nick
  • Descargar arquivos ou programas que non se coñecen é perigoso: existen programas espía que se instalan nos ordenadores para roubar o que hai neles e cometer delitos.
  • Se abres un blog ou unha páxina persoal, que o saiban teus pais. Asegúrate que só poden entrar nela os amigos que previamente invitaches. Non publiques fotos de niguén sen o seu permiso e o de seus pais.
  • Pensa que en Internet non todo o mundo é que di ser!
  • Se notas algo estraño cando naveges ou tes dúbidas, dillo a teus pais ou profesores: eles preocúpanse por ti e queren axudarte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario