31/03/09

As mochilas viaxeiras

Na aula de sexto temos unhas mochilas viaxeiras. Trátase de dúas mochilas con libros, que imos levando por turnos para casa, durante 15 días.

Cada mochila leva unha libreta, onde os nosos pais e nais, e mais nós anotamos cousas sobre os libros, si nos apetece.

Aquí van fragmentos dos textos:
"Gustaronme moito os libros" Es genial ser un chico" e "Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios" .

O primeiro é moi divertido e alegre.

O segundo chamoume a atención porque me parece asombroso que moitos dos xenios que coñecemos foran malos estudiantes.

Rodrigo

" ¡Ola! Teño que dicirvos que me encantou ter a Mochila viaxeira na casa, porque deste xeito lin libros que de outra maneira non lería.

Os libros que máis me gustaron foron: "Bambulo.Primeros pasos" e o de "Es genial ser una chica". ¡XA quero ter outra Mochila viaxeira na casa!

Bicos."

Emma

"¡Ola! Teño que contarvos dúas cousas: unha é que lin todos os libros, e a outra que vos teño que contar é que, vale, lein todos os libros, pero solo rematei de ler catro.

Tamén quero contarvos que me gustaron moito os libros, sobre todo "Es genial ser una chica" porque é moi orixinal.

Bicos.

PD: Non o quería contar, porque dame vergoña, pero vou botar de menos os libros"

Laura


"Ola, son Lois, e un dos libros que máis me gustou foi o de "Manual de calcetines salvajes" xa que todos deberíamos saber que hai esas razas de calcetíns. Eu paréceme que teño tres ou catro razas de calcetíns"

Lois

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario