20/02/09

O Entroido no clase de sexto.

Hoxe celebrouse o Entroido no cole. Houbo clase normal ata as 11 e logo empezou a festa.

Primeiro disfrazámonos, logo comemos os postres típicos de Entroido que trouxeron da casa, despois andiveron facendo recados por todo o cole, como son os maiores,..
Logo cantaron as murgas diante de todos. Tocoulles cantar de últimos, porque van por idades, e estaban moi nerviosos. Pero saíulles moi ben.

A continuación saimos polos barrios que arrodean o cole. Aquí sí que foron de primeiros, porque teñen que levar a pancarta e tocar os tambores. (Levaban ensaiando un par de semanas,..)
Veu Maricarmen, a súa profe do curso pasado, disfrazada tamén de exipcia, pero traía unhas pestañas que fixeron furor.
Agora deixovos as fotos, para que vexades que guapos estaban.




No patio, e cantando a súa murga.

Tedes máis fotos no blog do cole:

Isa (eles estaban moi cansos,..)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario