21/01/09

Biografía de Cristovo Colón,

Lois preparou unha pequena biografía de Cristovo Colón que quere compartir con vós:


Cristovo Colón (Cristóforo Colombo) naceu en Xénova (Italia) no 1451, vila maritima rica e extraordinariamente activa, patria de bos navegantes e mercadores.O seu pai era artesán, dos que gañaban ben a vida, abondo coñecido na cidade.

Cos vintetrés anos, Colón andou polos mares do mediterraneo oriental. Pouco despois, navegando desta vez cara Inglaterra, a sua embarcación foi atacada polos corsarios franceses e Colón librou da morte de milagre, pois conseguira chegar a nado as praias de Portugal, que, daquela, era a primeira potencia maritima.



Colón queria demostrar que podiase ir á India polo oeste, asi que buscou alguen que lle subvencionara a viaxe.
Primeiro dirixiuse ao rey Xoan de Portugal, mais non lle fixo caso. Logo foi xunto os reis de España, Fernando e Isabel. Isabel consultouno cos seus expertos e dixeronlle que a idea era irrealizable.

En 1491, Colón estaba desesperado, levaba seis anos pedindo a subvención, non só aos Reis Católicos, senon tamen ao rei de Inglaterra e ao rei de Francia, sen resultado.
Mais, de súpeto, a sorte virou do seu lado. Os amigos de Colón na corte dos reis de España non o abandonaban. Agardaban a oportunidade de convencer aos monarcas de que a viaxe de Colón ia traer grandes riquezas e beneficios para o reino. Fernando e Isabel quedaron moi impresionados con eses argumentos.

O tres de agosto de 1942 zarpaba Cristovo do porto de Palos con tres carabelas ( a Santa Mariña, a Pinta e a Niña) cara ó descoñecido. O 12 de outubro, as dúas da mañá, o vixiante da cofa mirou unha liña branca de area e rochas negras:¡chegaran a terra!
Colón foi a América un total de catro veces. A última vez volveu enfermo, e morreu en 1506 con 57 anos. Enterráronno no mosteiro de Las Cuevas (Sevilla). A súa morte foi ignorada polo rei Fernando e outros exploradores que examinaban as súas terras.
Xa non era un héroe.

Bibliografia:
“Cristovo Colón e a descuberta dun novo mundo” .
Colección "A máquina do tempo".Editorial Xerais.
Atlas Mundial.

Biografía feita por: Lois Bermúdez Costas. 6º C.E.I.P. Quintela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario