18/12/08

Imos contarvos que facemos...

Imos contarvos o que facemos na aula de Informática:
Temos unha sesión semanal os xoves, pero as veces tamén imos os luns.

-Todos temos unha carpeta onde anotamos o que imos facer para non despistarnos.

-Cada día a profe escolle a un de nós para encender o ordenador , o canon de vídeo e a pizarra dixital. O que máis nos gusta é andar nela cos dedos, e alineala.Isa di que así podemos axudar a outros cursos, por exemplo os pequenos.


-Temos unha carpeta no ordenador co noso nome, para gardar todos os traballos.A maioría deste trimestre perdéronse porque estiveron arranxando os ordenadores e “limpáronas”.


-Sempre entramos no noso blog para ver que novidades hai, si hai colgado algún xogo, ou si temos algún comentario.


-De vez en cando subimos unha entrada. A maioría as preparamos antes na clase, nun ordenador portátil.


-Despois cada un practica no seu ordenador e facemos o traballo que temos que facer.Hai veces que hai ordenadores a arranxar, entón compartimos ordenador.

Aprendemos un montón de cousas, entre elas:


A sacar fotografías e descargalas


A facer entradas no noso blog e subir fotos ( entre todos)


Fixemos textos en globos con diferentes textos e tipos de letras e cores. As normas da clase fixémolas así, cada un coa súa, logo plastificámolas ,fixémoslle un debuxo e apegámolas no armario da nosa clase.


Tamén fixemos planos da nosa habitación, aínda que se borraron cando arranxaron os ordenadores.


Gravamos CDs con música, porque Rodri tiña que levarlle un CD a Xulia, a profe de música
A facer Power Point, pero iso aínda non o manexamos moito.


Se nos da tempo, ao acabar o traballo (poucas veces, todo hai que decilo) temos tempo libre.

Isa, a profe sempre dí que nos alborotamos moito cando facemos estas cousas


Na pizarra dixital fixemos moitas cousas, ademais de aprender a encendela e apagala, escribimos nela, debuxamos, vemos montaxes e fotos,..


Resumindo: Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

2 comentarios:

  1. Noraboa polos avances que estades a facer este ano en informática.
    Gustame moito o voso Blog.

    Bicos da vosa ex-profe

    ResponderEliminar
  2. Agora imos todas as semanas a informática.Por iso temos o blogue.
    Hai moitos da clase que temos blogues.Porque nos gusta.Podes facer ti ún?¿

    Con cariño dos teus ex-alúmnos..

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario