24/11/08

Regueifas

Juan:
Os do Segrel do Penedo
En rimas vennos falar
E nós con rimas
Ímoslle contestar.

Mara:
Os do Segrel do Penedo
Din que somos uns artistas
E excelentes periodistas.

Eles a nós
Cáennos moi ben
Pero non sabemos
Que é o que se lles da ben.

Adrián:
Eu son Adrián
E estou moi despistado
Non consigo rimar
Nin facer un pareado.

Rodrigo:
Eu fago uns pareados
Que vos deixo flipados.

Paula:
Eu son Paula
Do colexio de Quintela
O cole máis guai
De aquí a Inglaterra.


Eva:
Pola mañá ao chegar
E comezar a traballar
A última hora
Estamos tan cansados
Que marchamos para casa
Facendo pareados.

Sergio:
En sexto metémonos a periodistas
E somos moi bos facendo entrevistas.
Dis que temos un blog fenomenal
Tranquis, tíos, que cando remate o curso
Xa non o facemos máis

Emma:
Estou na clase de sexto
Pensando como rimar
E a profesora dime
¡empeza a traballar!

Laura:
Os alumnos de sexto de Quintela
Somos a tela.
Facemos unha chea de cousas
Sen darnos de conta.

Somos sete nenas
E seis nenos
En total somos trece
Pero facemos barullo
Como si foramos cento dezasete

O día a día na clase
É bastante bo
Pero hai días que facemos
Trasnadas a montón.

Daniel:
Eu son Daniel
E non se me ocorre nada
Por iso a profe dí
Que a miña imaxinación está agotada.

Lois:
En Quintela estudiamos
E algúns aprobamos
Xogamos ao basquet cos amigos
Sen meternos en líos
ao fútbol xogamos contra todos
e gañamos sempre nós, os bobos
En clase somos os mellores
pero non somos empollones
e díxome a miña amiga Xiana
que aínda facedes pis na cama.

Helena:
Temos moita experiencia
Non fai falta dicir nada
Somos os mellores
Facendo entrevistas de nada
Non queremos tantos halagos
Xa estamos agotados
Toda a xente dí o mesmo
Dos nosos traballos
Pero grazas de todas formas
Penso que poderemos soportar
Outro halago de nada:
O ignoramos, e xa está.


Isa:
Eu son a profesora
E téñovos que contar
Que todo o que eles din
E mentira ata o final

E mentira ata o final
Todo é un invento
Non fagades ningún caso
A esta pandilla de sexto.

Teñen pouca cabesiña
E non saben que inventar
Para botar unhas risas
E deixar de traballar.

Menos mal que está a profe
Para pórlles sentidiño
Senón estes non rematan
A primaria neste siglo.

A primaria neste siglo
Teñen que rematar
non os queremos no cole
nin un só día máis.

Nin un só día máis.
Que para eles aguantar
Hai que ter moita paciencia
E xa non vai quedando máis.

6 comentarios:

  1. Non mentimos,só dicimos un pouquiño modificada a verdade.

    Helena 6º

    ResponderEliminar
  2. O que di a profe é mentira,
    so dicimos a verdade,
    con cariño e lealtade.

    Lois

    ResponderEliminar
  3. O que dí Isa é mentira,
    nós só dicimos á verdade,
    ela dí o que cré,
    aínda que nada diso sea verdade.
    Emma

    ResponderEliminar
  4. Meus benquerid@s de sexto
    isto si é regueifar
    cun pouco que practiquedes
    ninguén a vós gañará.

    Sodes un grupo estupendo
    máis a vosa profe di
    que sempre que vós falades
    non deixades de mentir!!!

    Ai meus mozos mentireiros
    a min non me importa nada
    pois coas vosas regueifas
    estou moi emocionada.

    Estas fermosas regueifas,
    quixeramos conservar
    por iso quero pedirvos
    un favor moi especial.

    Estariamos encantados
    se no blog de O Segrel
    as regueifas dos de Sexto
    nós puideramos ler.

    Mozos e mozas de sexto
    colorín e colorado
    do Segrel esta regueifa
    aquí xa ten rematado.

    ResponderEliminar
  5. Que bonitas regueifas;
    as do segrel do penedo,
    teñen moita imaxinación,
    mellor cas de sexto.

    Helena 6º

    ResponderEliminar
  6. Estes rapaces de sexto
    moi ben lle dan á reguiefa
    ¿E daranlle igual de ben
    ó que lles ensina a mestra?

    O que lles ensina a mestra
    non sempre é tan divertido
    pero o de reguiefar
    ¡téñeno ben aprendido?

    Eu son mestra aquí, en Malpica
    e teño un curso de quinto
    invitovos o seu blog
    que tamén é moi bonito.

    Estamos aínda empezando,
    temos moito que aprender
    pero con tales colegas
    seguro que imos correr.

    Quedades pois convidados
    a saudar no noso blogue
    que os rapaces de Malpica
    queren ter amigos lonxe.

    bicos
    olga

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario