12/11/08

Entrevista a Xil Ríos


Paula, entrevistou ao cantautor moañés Xil Ríos. Aquí tedes a entrevista:
Paula:
¿Cando decidiu ser cantante?

Xil Ríos:
Decidín ser cantante no ano 1971.

Paula:
¿E cando lle veu a súa paixón pola música?
Xil Ríos:
Teño paixón pola música dende pequeno. Estiven en varios grupos:
Primeiro na Rondalla “Mañogalega”. E despois na Coral moañesa como solista.
No ano 1971 participei en Vigo no festival “Dorna”, onde gañei o 2º premio coa canción “Un anaco de pan”, o meu primeiro éxito.
No ano 1973 participei no festival “Miño” de Ourense, onde gañei o 1º premio coa canción”Miña Maruxiña”
Coa Multinacional “Philips “gravei discos durante 15 anos.

Paula:
¿Escribe vostede as súas cancións. En caso afirmativo, ¿en que se inspira?

Xil Ríos:
Si, escríboas eu.Case todas as letras e a música son miñas.
Inspírome nas miñas vivencias, cousas do pobo,...

Paula:
¿Que consellos lle daría aos rapaces que se queren dedicar á música?

Xil Ríos:
Que estudien música.Que sexan constantes co seu traballo: ¡SEN TRABALLO NON SE CONSEGUE NADA!

Paula:
Moitas grazas pola súa colaboración.



Para saber mais:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Xil_R%C3%ADos


En Aquí vivimos tedes ademais un vídeo de Xil Ríos .

2 comentarios:

  1. Os de sexto de Quintela
    meteronse a periodistas
    e comezan o traballo
    facendo unha entrevista.

    Se en sexto periodistas
    cun blogue fenomenal
    ao rematar este curso
    non sei o que eles farán...

    Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral.
    Apertas dende Fene!!

    ResponderEliminar
  2. recomendeille a uns amigos de Cangas que visitaran o blogue e ... ¡ENCANTOULLES!

    Eva

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario