12/11/08

Entrevista a Wöyza



Os nenos e nenas de 6º estiveron traballando as entrevistas.
Helena entrevistou a unha cantante de Moaña que lle gusta moito: Wöyza.
Esta é a entrevista:

Helena:
¿A que idade comezaches a interesarte pola música?

Wöyza:
Pois a verdade, dende moi pequeniña; creo que dende que nacín, pois os meus pais din que me tarareaban nanas, e en vez de quedarme durmida, facía ruidiños, como si quixera cantar eu.

Helena:
Ti cantas música hip hop, pero ,¿algunha vez cantaches outro tipo de música?

Wöyza:
Si, dentro do movemento hip hop eu canto soul, que é música negra, e toco todos os paos, é dicir, o reggea, tamén o rapeo, igual canto algo moito máis árabe...o seña, dentro do meu collo outro tipo de influencias de outras músicas pero lévoas sempre ao meu terreo, que é o hip hop. Aínda que sexa cantante de soul fago hip hop, que é difícil porque a xente non está acostumada a iso, aínda que en Estados Unidos xa é unha música moi popular.
Helena:
Aparte do hip hop, ¿cal é o tipo de música que máis che gusta?

Wöyza:
Gústame toda a música negra; gústame o soul dos sesenta que é o son Motown, como Aretha Franklin, Ray Charles, Ottis Redding.
Todo iso é o clásico , e ademais gústanme cousas modernas como poden ser: o rap dos noventa e o soul dos noventa tamén; o funky, hai cousiñas do funky que tamén me gustan como James Brown....e nada, eu escoito todo o que é música negra prácticamente . Despois podo escoitar flamenco...algo de música árabe...música instrumental de jazz...pero escóitoo menos.

Helena:
¿Por qué cantas hip hop pe non outro tipo de música?

Wöyza:
Porque síntoo así e os sentimentos non se poden explicar; está dentro de mí.

Helena:
¿Que se sinte ao ter fans?

Wöyza:
Pois síntome moi agradecida, porque estou facendo música para a xente. Entón, ao ver que a xente responde, esa é a primeira satisfacción dun artista.
O facer para os demais é un toma e dar como todo na vida; ti lle das cariño a túa nai, e ela dáche a ti.
Pois esto é o mesmo: ti lle das algo e apórtaslle algo ao público e o público apórtache apoio, aplausos e cariño.

Helena:
¿Tocas algún instrumento?

Wöyza:
Toco a guitarra, un pouco o piano , e como sei solfeo, hai moitos instrumentos que sei como funcionan, podo tocalos, pero realmente o que mais toco é a guitarra.
Helena:
Fai pouco saíu a venda o teu novo disco “Pisando el suelo que ves”. ¿Tivo moito éxito?

Wöyza:
Pois hai unha semana e media que saíu e non se pode dicir ata onde pode chegar, pero por agora os resultados son moi bos.
Estamos cerca das 30.000 descargas, que eso en ventas de discos estaríamos aproximándonos ao disco de ouro, pero como non teño un disco físico, porque esto é moi importante, voucho explicar para que vos que sodes xóvenes entendades porque non saquei o disco en formato cd.
Vouno a sacar en vinilo. En formato cd non o saquei porque non estou en ningún sello (discográfico ) importante, como “Universal” ou “Warner”, que son sellos grandes que teñen moito diñeiro.
Eles poden investir en promocionar eses discos que van saír, pero eu como non teño moito diñeiro, prefiro chegar a mais xente que sacar un disco que non vou poder mover, porque non teño medios para pagar un póster e poñelo nas tendas de Madrid.Entón, como non teño eses medios, a través de internet , que é a rede de difusión máis importante, podo promocionalo.
Helena:
Grazas por responder a estas preguntas.

Wöyza:
Grazas a tí.


Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/W%C3%B6yza

http://www.woyza.es/

2 comentarios:

  1. Holahola, felicitarvos polo blog e particularmente pola estupenda entrevista que relizou Helena a Wöyza!
    Deixovos eiquí o enlace á wikipedia sobor esta artista para que poidades correxilo, xa que a que está agora non conduce a ningures: http://es.wikipedia.org/wiki/W%C3%B6yza

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, a entrada estaba mal.Queda correxida.Grazas

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario