25/11/08

Entrevista a María Salgueiro









María Salgueiro é unha actriz natural de Moaña
O seu traballo máis reciente foi o papel de Renata en “A vida por diante”,emitido na TVG.
Deuse a coñecer no papel de Bumbum, no programa Infantil “Pinnic”.
Laura, de sexto, fíxolle unha entrevista:

Laura:
¿A que anos empezaches a queres ser actriz?

María:
-Aos 16 anos.

Laura:
¿Cantas series fixeches?

María:
-Fixen moitas. Algunha saíron na tele, e outras non.

Laura:
¿Hai que facer a carreira (arte dramático) para ser actriz?

María:
-Non fai falta. Na miña época eu tiven que ir estudiar a Madrid, pero agora na Coruña xa hai para informarte e estudiar. En Vigo hai tamén unha escola de Arte dramático que está moi ben.Podes ser actriz sen carreira, pero si vas a Arte dramático, é un título que tes na túa vida.

Laura:
¿A túa familia apoiouche cando quixeches ser actriz?

María:
-Si, pero para ir a Madrid a estudiar teatro, tiven que traballar antes, para gañar diñeiro e poder ir.

Laura:
¿Como é o día a día sendo actriz?

María:
-Pois normal, o que ten de malo é que mentres estás facendo unha serie estás moi ben, pero cando rematas, ata que te chamen para facer outra estás sen traballo, e tes que ter un traballo de apoio.

Laura:
-Grazas por atenderme, estou encantada de facerche a entrevista.

María:
Grazas a tí.




Máis información en:



1 comentario:

Deixa aquí o teu comentario