11/11/08

Diario de clase



HISTORIA DE UN DIARIO

Na clase de lingua limos uns fragmentos do “Diario de Ana Frank”. Suscitouse entón un fructífero debate , porque nese intre estaba nos cines a versión cinematográfica de “O nenos do pixama de raias”, e algunhas das nenas de 6º vira a película.
Falamos do nazismo, limos mais fragmentos do diario , e puxemos en circulación os exemplares do” Diario de Ana Frank”, e de “O neno do pixama de raias”.
Ademais, cada un dos alumnos e alumnas de sexto escribiu un diario contando un día. Gustoulles escribilo, e foi entón cando acordamos facer un diario da clase de 6º.
Van escribindo por turnos, e escriben nel cando sucede algo diferente na escola.
O máis difícil foi chegar a un acordo para poñerlle nome. Despois de un intenso debate, e varios días de reflexión, acordaron chamarlle “Fred”.
Cando remate o curso, esperamos ter rexistrado todo o que nos foi acontecendo, para non esquecer o seu último curso no colexio de Quintela.
Xa vos iremos mostrando parte do diario.....si sodes bós.

2 comentarios:

  1. Qué actividade tan interesante! Sen dúbida eses rapaces e rapazas non a esquecerán! Qué boa idea a do diario de 6º! A ver qué chulo vos queda!

    ResponderEliminar
  2. A nós tamén nos gustou moito "O neno do pixama a raias", e despois de ler o voso diario gustaríanos saber de onde saiu o nome de Fred. Gústanos!!
    Apertas dende Fene.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario