27/03/26

Xogade. Intercentros

 Onte, recibimos no cole ás nenas e nenos de Tirán, que viñeron compartir con nós unha xornada de convivencia na que practicamos xogos como o brilé, o hockey, atrapa a bandeira e tamén o datchball.

Moitas grazas pola vosa visita!

24/03/26

DÍA DA POESÍA

Onte, día 23 de marzo, celebramos no cole, xunto cos nosos afillados e afilladas lectores de 2º de primaria, o día da poesía. Intercambiamos, entre as dúas claases, flores e poemas. Os de segundo recitáronnos un poema moi bonito ao coro e nós, os de sexto, lémoslles poemas. Un poema e unha flor... hai algo mellor para comezar ou rematar o día?










Radio en directo. Radiocebola

Hoxe tocou facer un programa de radio en directo. Fixéronno Radiocebola, formado por Antía Núñez, Mara, Lucía, Irene e Noela. Todas unhas expertas! Escoitámolas? 

Disfrutádeas!


15/03/26

Obradoiro de costura

 Na aula de 5° seguimos avanzando no proxecto CanSat. O venres tocou aprender a coser para preparar o paracaídas do noso satélite.

Terceira sesión de piscina

 Seguimos aprendendo na piscina.



08/03/26

Segundo día de piscina

 Continuamos coas clases de natación.

 

E-Textís con Paola Guimeráns

 Paola Guimeráns estivo no cole unha vez máis para ensinarlle ao alumnado cal é a súa profesión e traballar con eles o tema dos circuitos eléctricos.

Deseñaron un personaxe a partir dun led e uns ollos. Coseron o led, debuxaron o personaxe e logo crearon unha historia que contaron posteriormente aos demáis compañeiros e compañeiras. 

Quedaron traballos moi fermosos.

Grazas Paola. Un pracer contar contigo!

05/03/26

"O mundo do Inho". Obradoiro de portugués

Hoxe, grazas ao servizo de Normalización do Concello de Moaña, tivemos no cole este obradoiro chamado "O mundo de Inho". O Mundo do INHO é un obradoiro dirixido ao terceiro ciclo de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en portugués e así achegarlles a lingua. Unha aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambos idiomas

Estivo xenial!




02/03/26

Día de Rosalía de Castro

En Quintela gústanos coidar as nosas escritoras. Por iso, celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, cun programa de radio especial levado a cabo por Julia, Ana e Alba; cunha visita moi especial dos nenos e nenas de 6º de Infantil que recitaron un poema de Rosalía e fixérono moi ben! 

Encantounos compartir este momento tan bonito e seguir aprendendo a querer e valorar a nosa lingua.

Feliz día de Rosalía!



Piscina!

Un ano máis, o Concello de Moaña, en colaboración coa Piscina Municipal, danos a oportunidade de practicar natación durante 4 sesións no horario de Educación Física.

Encántanos!

 

Charla sobre sexualidade

 O alumnado de 6º de Primaria participou, a semana pasada, nunha charla de educación afectivo-sexual adaptada á nosa idade.

Durante a sesión falamos dos cambios físicos e emocionais que se producen na puberdade, da importancia do respecto cara ao propio corpo e ao dos demais, e de aprender que cada persoa medra ao seu ritmo. Tamén puidemos resolver dúbidas nun ambiente de confianza.

Foi unha actividade moi útil que nos axudou a comprender mellor esta etapa e a afrontala con máis seguridade.