22/02/26

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


21/02/26

20/02/26

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

13/02/26

Día da Radio

Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o Día da Radio, un medio que nos informa, nos acompaña e nos fai imaxinar historias só coa forza das palabras e dos sons. E en 6º de primaria non podiamos deixar pasar esta ocasión para celebralo.

Aínda que hoxe non puidemos celebrar o Entroido polo mal tempo, non deixamos que iso nos quite a alegría. Cambiamos o disfrace de espantallos polos micrófonos e demostramos que en Quintela sempre hai algo que celebrar.

Aquí vos deixamos o programa "improvisado" para celebrar o día da radio. Nos micrófonos estiveron Lucía, Martín, Emma e Enzo, convertidos en auténticos locutores e locutoras. E no control de son, facendo maxia cos botóns e a música, estivo Hugo.

Porque cando se acende un micrófono… comeza a maxia da radio! 

Viva a Radio!



10/02/26

Obradoiro Banco de España

 O alumnado de 6º de Primaria recibiu unha interesante charla sobre os billetes e moedas do Banco de España. Durante a actividade aprenderon como son os billetes de euro, que elementos de seguridade teñen e por que son importantes para evitar falsificacións.

Tamén coñeceron as distintas moedas, os seus valores e algúns datos curiosos sobre o seu deseño e uso no día a día. A charla resultou moi didáctica e permitiulles comprender mellor como funciona o diñeiro e a importancia de facer un uso responsable del.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que axudou aos nenos e nenas a ampliar os seus coñecementos financeiros dun xeito próximo e práctico.


Radio Quintela no Día da Paz

 O alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade moi especial: a gravación dun poema musicado de Rafael Alberti, La paloma se equivocaba. Ao longo do traballo, os nenos e nenas achegáronse á poesía dun xeito diferente, combinando a palabra, a música e a expresión oral. Con todo isto... como non facer un programa de radio?

A experiencia permitiulles coñecer mellor a obra dun autor fundamental da literatura española e, ao mesmo tempo, traballar a lectura expresiva, o ritmo e o traballo en equipo. O resultado é unha interpretación chea de sensibilidade e ilusión, na que a poesía cobra vida a través das súas voces. Ademais, Rubén, puso voz dunha forma moi sutil ao "manifesto pola paz", xenial Rubén!

Agardamos que gocedes tanto desta gravación como nós gozamos creándoa.

Grazas ao orientador Txelu que tocou o contrabaixo e ao profe de inglés, Bruno, que se animou coa guitarra. 

Por moitas veces!








01/02/26

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.