30/04/24

DigiCraft no teu cole. Concepto de diagrama de flujo

Nesta sesión traballamos o diagrama de flujo entendendo o seu funcionamento.
Cos diagramas conseguimos chegar a un planeta e tamén conseguimos bloquear un extraterrestre para así chegar a un cofre e poder abrilo cun contrasinal seguro, aproveitando para traballar sobre seguridade na internet.
Foi divertido e pasámolo ben.


 

Corresponsabilidade no fogar

Hoxe tivemos a visita đas promotoras de Igualdade do Concello de Moaña que nos ofreceron un taller de tarefas domésticas para fomentar a corresponsabilidade no fogar.


25/04/24

Obradoiro de banda deseñada en 5º

Esta mañá tivemos a visita de Jorge Campos, ilustrador de banda deseñada. Podemos atopar as súas ilustracións no cómic "Unha mestra en apuros","Historia da Galicia pequeniña" , " As letras de Galicia pequeniña", Atlas de Galicia pequeniña", nalgúns exemplares da revista "Papagaio" e nalgunhas outras publicacións. 

 Contounos que goza moito co seu traballo e achegounos ao mundo da banda deseñada dun xeito moi ameno. 

 Agradecémoslle moito que nos dedicase parte do seu tempo explicando o seu importante traballo.






Charla de sexualidade

Os nenos e nenas da clase de 5º asistiron a unha charla de educación sexual. Falamos de anatomía, de como son os seus corpos, dos cambios que están a vivir, da entrada na adolescencia, da menstruación, do respeto ao ritmo dos ciclo menstruais, da hixiene menstrual, das relacións sexuais, o respeto e comunición coa persoa que esteamos... e logo houbo tempo para resolver todas as dúbidas que tiñan, e, para lembrarlle que a información que buscan ten que vir sempre dunha persoa adulta de confianza, ou de libros axeitados para a súa idade.



22/04/24

6° visita a exposición de libros da biblioteca

Con motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría para incrementar as súas coleccións persoais.



20/04/24

XOGADE en 6°

 O mércores, o alumnado de 6° do CEIP Montemogos viu visitarnos ao centro para desfrutar dunha xornada deportiva dentro do programa XOGADE. Practicamos bádminton, brilé, baloncesto e datchball. Convivimos, xogamos, e fixemos amizade.

Pasámolo xenial. Grazas Montemogos pola vosa visita.

12/04/24

Xornada de convivencia practicando voleibol en 5°

 As nenas e nenos de 5° participamos hoxe, xunto con outros centros, nunha xornada deportiva na que practicamos o aprendido nas sesións que nos viñeron dar ao cole no 1° trimestre os monitores do Cub de Voleibol Maniotas. Esta actividade está dentro do programa XOGADE, e finalizou cunha xornada de convivencia no IFEVI.

Estivo moi ben!


11/04/24

Obradoiro de Inho en 6°

 Hoxe, o alumnado de 6° tivo un obradoiro de iniciación ao portugués. Gustoulles moito.


10/04/24

Proxecto competencial

 Na clase de Proxecto competencial, iniciamos un novo  traballo  de investigación. Traballamos por equipos, aprendemos a buscar información en libros e nos ordenadores, escribimos o aprendido e, cando todo este a listo, daremos exposicións. Estes  son os temas que eliximos: aeronáutica comercial, o triángulo das Bermudas, o lince e animais mariños.




09/04/24

DigiCraft no teu cole. Pensamento secuencial en 5° e 6° de primaria

Que ben o pasamos e canto tivemos que pensar para resolver os algoritmos que nos plantexaba a actividade Compute it!




05/04/24

Certame de poesía improvisada

Despois do obradoiro de poesía improvisada na clase de quinto, levamos as nosas regueifas ao auditorio Celso Parada. Alí encontrámosnos co alumnado de quinto de Moaña para o certame de poesía improvisada. Así o recolle o Faro de Vigo, nun momento da nosa intervención. O obradoiro de poesía improvisada desenvolveuse no cole da man de Pinto de Herbón

01/04/24

Plantamos cabazas

 Os nenos e nenas de 5º, plantamos cabazas. Xa empezaron a medrar! Cando sexan un pouquiño máis grandes, levarémolas á horta e así, o vindeiro curso teremos a nosa propia colleita de cabazas.