22/03/24

Última sesión de piscina para 6°

 Hoxe tivemos a nosa última sesión de natación. Traballamos un pouco de todo e, como despedida, xogamos un partido de baloncesto.

Que pena nos da rematar esta actividade tan divertida!

21/03/24

DigiCraft no teu cole. Creamos e programamos un robot

 As nenas e nenos de 5º creamos un robot cos elementos do Zum Kit Junior. A continuación programamos con bitbloq unha serie de accións (soar unha música cando o multisensor detecta movemento, acender un led...).

Foi moi entretida esta actividade.



19/03/24

Plantamos caléndulas

 Na clase plantamos sementes de caléndulas. Cando medren, porémolas no xardín.



15/03/24

Terceira sesión de piscina en 6°

 Hoxe, fixemos un traballo de repaso da técnica de crol e braza, centrámonos moito na respiración e tamén practicamos costas.


13/03/24

Xornada deportiva intercentros dentro de XOGADE para 5°

Hoxe, o alumnado de 5° fomos ata o cole de Tirán para participar nunha xornada deportiva e de convivencia. Desprazámonos camiñando e, unha vez alí, xogamos ao baloncesto, ao brilé e ao datchball. Tamén os acompañamos cando tocou facer a milla da curuxa.

Desfrutamos moito!

Grazas cole de Tirán polo voso recibimento e trato! Esperamos a vosa visita!

09/03/24

Segunda sesión de piscina

 Nesta sesión traballamos conceptos básicos do estilo crol.


06/03/24

Acrosport en 5°

 Mirade que figuras tan orixinais fixemos na clase de 5° durante as últimas sesións de educación física. Traballamos a coordinación e o equilibrio empregando como base musical a canción de Celine Dion “My Heart Will Go On”.


Saída a Rialdarca

 Hoxe o alumnado de terceiro e de quinto de primaria fixemos unha andaina pola beira do río Rialdarca para prantar árbores autóctonos como a sobreira ou o madroño. Pasámolo moi ben.





05/03/24

DigiCraft no teu cole. Programamos coa aplicación Bitbloq Jr.

 Nesta sesión, programamos un ventilador que funcionaba cando detectaba calor e paraba de moverse cando detectaba frío.



02/03/24

Comezamos a actividade de piscina en 6°

 Un ano máis, o concello ofrécenos a posibilidade de desfrutar de 4 sesións de E.F. na piscina municipal. Traballaremos contidos relacionados cos distintos estilos de natación.

Onte tivemos a primeira sesión. Foi moi divertida!