22/12/23

Os Reis Magos visitan Quintela

 Os Reis Magos visitáronnos e puideron comprobar o ben que cantan e bailan os nenos e nenas de 5º e 6º.

Aquí están os nenos e nenas de 5º cos Reis Magos



E aquí o alumnado de 6º



En 5º, cantaron e bailaron O cometido.


En 6º cantaron un canon a dúas voces, acompañados con instrumentos de pequena  percusión.



21/12/23

Felicitación Nadal 5º

 Desde a clase de 5º queremos desexarvos unhas felices festas!

Felicitación Nadal 6°

 Felices festas de parte do alumnado de 6°!


18/12/23

Voleibol para 5° de primaria

 Hoxe, as nenas e nenos de 5° tivemos a nosa última sesión de voleibol. Explicáronnos o funcionamento dun partido (quecemento, indicacións dos árbitros…) e para finalizar xogamos en pequenos equipos.

Grazas ao Club de Voleibol Maniotas por todo o aprendido.

15/12/23

5° e 6° cantan panxoliñas aos maiores do Centro de día Apreixo

 Hoxe, as nosas nenas e nenos foron cantar unha panxoliña aos maiores do centro de día Apreixo. Tiveron a sorte de escoitar aos maiores cantarlles a eles tamén e recibiron unha fermosa postal navideña que lle deron feitas coas súas mans.

Grazas Apreixo!











12/12/23

Voleibol en 5°

 Onte, o alumnado de 5° tivo a súa segunda sesión de voleibol. Foi moi amena e divertida. Aprenderon e practicaron o toque de dedos.


04/12/23

Voleibol dentro do programa XOGADE para 5°

 Hoxe, as nenas e nenos de 5° tivemos a 1ª sesión de voleibol impartida por dous monitores do Club de Voleibol Maniotas de Cangas enmarcada dentro do programa XOGADE. Virán ao cole durante 4 sesións para ensinarnos as nocións básicas deste deporte. 

Grazas Mikel e Jairo por vir!


<