30/11/18

TRABALLAMOS EN EQUIPO

Esta semana os nenos e nenas de 6º de Infantil necesitaban axuda para facer unha manualidade. Era a figura dun can que as reprentantes da Protectora de animais lle regalaran na visita que tiveran á aula. O grupo de 5º de Primaria ten unha relación especial con 6º de Infantil, xa que se trata dos seus afillados e afilladas. Gústalles lerlles, pero tamén axudalos a aprender.

A EXPLICACIÓN...


MANS Á OBRA...



A TRABALLAR!


CANCIÑOS LISTOS!!!



E  CANDO REMATAMOS NOS RELAXAMOS CUN CONTO


29/11/18

A Moañesa de Música e Danza

O mércores 28 de novembro recibimos na biblioteca do cole a Juan Pena , o presidente da Agrupación cultural Moañesa de Música e Danza.
Queriamos coñecelo todo sobre a actividade desta asociación cultural de Moaña.
Tiñamos preparado un cuestionario de preguntas para desenvolver a entrevista e o tempo pasou voando mentres nos contaba todo o que facían para difundir e conservar a cultura galega.
Trouxo a súa gaita e ao final tocou unha peza que nos encantou.

Moitísimas grazas Juan, aprendemos moito!!!

5º CURSO NA AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Levamos varias sesións practicando mecanografía coa aplicación online Artypist e, a verdade, xa o dominamos bastante ben!





26/11/18

PADRIÑOS LECTORES

ESTE CURSO COMEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE PROMOVIDA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA PROMOVER A LECTURA: O APADRIÑAMENTO LECTOR.
HOXE OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL RECIBIRON AOS SEUS PADRIÑOS LECTORES, OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, E APROVEITAMOS PARA PRESENTARNOS E LER UNS CONTOS QUE DISFRUTAMOS MOITO.






23/11/18

Ecosistemas en 5º

As presentacións dos ecosistemas trouxeron información moi interesante, esta vez do ecosistema de bosque temperado e do ecosistema da taiga:





O día da ciencia no cole

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego no noso cole. Este curso o alumnado de 4º desenvolveu un proxecto na materia de Aprender a investigar, no que traballaron sobre o xeógrafo Domingo Fontán e preparou 9 experimentos para compartilos co alumnado do resto da escola. É unha importante tarefa que incide en moitas disciplinas, ademais da científica. Valoramos o impacto emocional da proposta.


21/11/18

Magosto no IES A Paralaia

O venres pasado o alumnado de sexto curso foron convidados a celebrar o magosto no IES A Paralaia. Foi unha experiencia moi bonita. Unha das actividades consistiu en formar equipos para crear carteis relacionados co día da Non Violencia. Estes foron os carteis do noso alumnado:


19/11/18

XOGOS POPULARES EN EDUCACIÓN FÍSICA. TROMPO

Estos últimos días de clase, previo ao magosto, estivemos aprendendo sobre xogos populares, entre eles, o trompo. Dásenos ben!!!


14/11/18

Os ecosistemas

O alumnado de 5º curso elaborou unhas maquetas estupendas coa axuda das familias, para representar os diferentes ecosistemas. Na clase de Ciencias expuxéronas aos compañeiros explicando como era cada un deles. Un traballo admirable! 

13/11/18

Astrea con paus chineses

Comezamos este curso traballando cunha peza musical do grupo Berrogüetto, chamada Astrea. Preparamos un acompañamento con paus chineses e botellas de plástico. Agardamos que vos guste!

Himno galego - 1ª parte

Aquí tedes a primeira parte do Himno galego, que xa estudamos en clase. A tocar!

08/11/18

Plantamos bulbos

Na clase de sexto plantamos bulbos. Despois escribimos o proceso. O texto é de Natalia


Os corpos celestes


O sistema solar

Na clase de quinto curso estivemos investigando sobre o sistema solar e esta é a presentación do grupo 4:

Os movementos da Terra

Na clase de quinto curso estamos aprendendo cousas da Terra .Esta é a presentación elaborada polo grupo 2 sobre os movementos da Terra

07/11/18

A Lúa

O grupo formado por Iago, Zaira, Aicha e Arancha elaboraron a seguinte presentación sobre a Lúa: